Archive for the 'Receitas' Category

Mar 27 2007

Escolma de receitas con galletas mariñeiras

Published by makeijan under Gastronomía, Receitas

Tal vez sexa demasiado pretencioso denominar recetario a esta pequena escolma de apuntamentos, mais igual á volta dun ano estou a publicar un libro (co permiso de Don Miguel, claro) ;-).

O tamén chamado pan de barco convirtese así nunha base que sustitúe ao pan tradicional, e uns cantos afeccionados á cociña reinventan os canapés, comezando pola parte aparentemente menos atractiva: a base.

As suxestións non seguen orde ningunha e aínda son poucas, pero coas ameazas que hai de novas propostas, agardo que medre algo máis. Se vedes algunha máis publicada por calquera recondito curruncho da internet, agradécese un avisiño.

Bandexa galletas mariñeiras

Un pequeno engadido ó feixe de recomendacións da páxina de Daveiga.

Bó proveito!.

Chuzame! chuzame -

8 responses so far

Xan 22 2007

Galletas mariñeiras con queixo de cabra caramelizado e orellóns de pexego

Published by makeijan under Gastronomía, Receitas

Ó igual ca última receita coas galletas mariñeiras, o nome desvela calquera misterio nos ingredentes e preparación. Igualmente haberá que contar un pouco de que vai o asunto, por se alguén se anima a emular os meus pasos. ;-).
Cortaremos o queixo de cabra en discos (eu merco un con presentación en rulo que facilita esta preparación).

Recomendo quentar o coitelo nun vaso de auga moi quente, para facilitar o corte.

A continuación espallamos un pouco de azucre moreno por riba do queixo, e coa pala de queimar procedemos ó caramelizado. Finalmente, adornamos cuns orellóns de pexego cortados en tiras, e damos outra pasada co soplete, para que desprenda máis aroma.

Galletas mariñeiras, queixo de cabra  caramelizado e orellóns de pexego.
É moi doado de preparar, se cadra o máis complexo é atopar os orellóns, que non teñen nada que ver cos industriáis de albaricoque.

A miña teima con estas galletas, débese a que últimamente en calquera cea que facemos na casa, estámolas poñendo de aperitivo ou primeiro prato e a todo o mundo sorprenden. Esta presentación doce, combinada, por exemplo, coa anterior receita, son preludio dunha agradable velada.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Xan 03 2007

Galletas mariñeiras con magret de pato, queixo de ovella semicurado e mostaza en gran

Published by makeijan under Gastronomía, Receitas

É o que che ten esta tendencia a dar toda a información dos platos no título, xa sabedes o que hai, só hai que verlle a pinta ;-).

Mariñeiras

É moi doado necesitamos galletas mariñeiras (por suposto), unhas lonchas de magret de pato que ocasionalmente venden no Lidl, unhas hostias de queixo de ovella, realmente deben ser moi finas, case transparentes, para que lle dean ese brillo e un toque de sabor, pero non enmascaren ó magret que é o realmente importante e finalmente uns grans de mostaza á antiga (mellor que veña da neveira) que son o contrapunto de cor e sabor nesta presentación.

Simplemente deitamos un par de lonchas ou tres por galleta, sobre elas unhas lascas de queixo, é damoslle un golpe cun soplete ou pala de queimar, ata que comece a fundir a graxa do magret, e o queixo. Rematamos cos grans de mostaza.

Recomendo consumir antes de que enfríe completamente, para apreciar o contraste de sabores e de temperaturas.

Chuzame! chuzame -

4 responses so far

Dec 26 2006

Viño con mazás asadas

Published by makeijan under Gastronomía, Receitas

Non sei se se trata dun costume extendido ou ben unha excentricidade da familia da miña nai, mais desde que teño uso de razón, lembro esta curiosa mistura de sobremesa con viño, enriba da mesa dende o comezo da comida.

A idea é asar unha mazá no forno, e así como ven quentiña, deitala nunha cunca, botarlle azucre, e rematar de encher con viño da casa. O calor da mazá trasmítese ó viño, quencendoo ó tempo que este inunda o corpo da froita. Remexer un pouco para disolver o azucre e acompañar con calquera comida tradicional destas datas. Bacallao con coliflor, cocido galego, capón ou polo ó forno...

Mazá asada con viño e azucre

É máis habitual en Noiteboa-Nadal e Noitevella-Aninovo, pero calquera día no que as temperaturas descendan máis do desexable é susceptible de ser amañado tomando un groliño desta cunca máxica. Como xa se sabe que o viño "é da casa e non fai mal" non se inxire unha grande cantidade de alcohol, pero coa temperatura que acada e o azucre engadido, entrase nun estado de sopor moi agradable, que incita a durmir ;-).

Está moi ben facer cousas novas na cociña, pero hai outros pratos que non deben ser necesariamente sustituidos e si reivindicados.

Frase lapidaria me quedou ;-)

Chuzame! chuzame -

6 responses so far

Nov 23 2006

Galletas mariñeiras con tetilla e doce de alquequenxe

Published by makeijan under Gastronomía, Receitas

Cando un está afeito a determinados habitos, da por feito que a todo o mundo lle ocorre igual, isto leva a que moitas veces non apreciemos en toda a súa dimensión eses pequenos placeres exclusivos. Isto me pasou coa miña nai. Unha cociñeira excepcional, mais un só se da conta cando sae da casa e di: ¿pero qué raio come esta xentiña?. Un bico mamá. ;-)

O caso é que dúas afeccións que ten a miña nai son: facer licores de augardente con toda canta froita cae nas súas máns (e crédeme que é moita e moi variada, pero terá que quedar para outro día); e facer doces e marmeladas.

Así foi como tentando facer un doce de alquequenxe acadou unha especie de marmelada, que nos dou para probar. Tira_alquequenxes
Se combinamos a Feira do Outono (mercamos as galletas mariñeiras), co San Martiño (onde nos deron unha exquisita tetilla) e a I Xantanza Blogogastrónomica (de onde saíu O Caso Alquequenxe) sae esta pequena marabilla.

Encantame o sabor doce pero sen empalagar e a sensación que deixan no padal as sementes.
galletas mariñeiras
Qué tal pinta vos ten?

Chuzame! chuzame -

7 responses so far

« Prev - Next »

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume