Máis fusións: Animoto e a comida

Da man de Manoel Foucellas descubro este estimulador de fotos. Animoto da vida ás estáticas imaxes dos nosos álbumes sincronizándoas coa música elexida.

As marabillas non son de balde, e Animoto cobra $3 por video ou $30 por ano, sen límite de usos e aínda que o cambio co dolar nos favorece, non están os tempos para tirar os cartos, por iso recomendo rexistrarse e facer unhas cantas probas con vídeos de 30 segundos que son gratuitos, e deste xeito decidir se paga a pena dar o salto.

Eu levo toda a tarde xogando con el, e aproveitei para facer un coas fotos da última cea en Casa Solla, como agradecemento polo seu comentario, e outro coas de A Gabeira, que non dou atopado tempo para publicalo.

En principio, deberían poder publicarse directamente en wordpress, ao igual que nun bo feixe de lugares na Internet. Como non fun quen de integralo, optei por utilizar a opción de exportación a youtube e inserilos na entrada. Se queredes velos a pantalla completa a calidade é moito mellor a de Animoto por iso deixo as ligazóns, senon botádelle un ollo áos videos.

Afirman que non hai dous videos iguáis, por iso fixen dous coas mesmas imaxes. Xulgade vos mesmos…

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Z1hNmrTud_8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/94tAXGPrCDY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/m9R-GBXDyvQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Publicado en Actualidade,Aplicacións,Gastronomía,Música,Receitas,Restaurantes,Teatro,Web | Comentarios cerrados

Coppini sinfónico

Se escoitas isto e non agroman as bágoas nos teus ollos…

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/sQqGtU2JWwQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

…é que efectivamente son malos tempos para a lírica.

Quédaches con gañas de máis?

Publicado en Música,Persoal | Comentarios cerrados

Jorge Drexler – Cara B

Despois dunha átipica semana laboral de sete días, empalmando con outra que ía ser aínda peor, cunha presión á que (non me custa recoñecer) non estou afeito, todo o día colgado dun teléfono móbil que non para de soar, e coordinando máis elementos dos que debería, cheguei á noite do domingo sen gañas de nada. Como as entradas para Jorge Drexler que actuaba no Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro do ciclo Con Voz Propia, estaban mercadas dende había días, decidín acompañar a moraiminha igualmente, con poucas esperanzas postas no evento, porque non é un cantautor polo que teña unha especial afinidade, e o meu estado de ánimo non estaba para moita leria.
071110-jorge-drexler-cara-b-pazo-da-cultura-pontevedra.jpg
Sin embargo, saín notablemente sorprendido. Un uruguaio tentando dicir palabras en galego, que se dirixiu ao público en brasileiro, que ao final ven sendo un pouco o mesmo, que interaccionou co público en todo momento. Aceptando peticións do público, máis ben solicitándoas, contanto historias, e dando en definitiva un espectáculo grandioso, cunha guitarra, a voz, unha boa colección de pedáis e un técnico de son que resultou un compoñente máis da banda unipersonal.

Referencias á actuación que dou esa mesma mañá en Muxía no quinto aniversario da traxedia do Prestige, un par de versións (non a de High and Dry), e un feixe de bos momentos son as lembranzas que me quedan dese día.

Colgo un video doutro concerto, non o de Pontevedra, onde votou unha parrafada similar:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ceIoR9J9Yok" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Dende xa tereino en conta nas miñas audicións… e non so porque estea liado con ELA.

Publicado en Concertos,Espectáculos,Música | Comentarios cerrados

Beastie Boys – Sabotage

Hoxe mentras ía cara a Vigo para asistir ás clases presenciáis dun cursiño que estou facendo, escoitei, como ven sendo costume dende que comezou, Radio Oceánica. Gracias a isto das novas tecnoloxías non teño que oilo cando queren os da CRTVG, senon cando me ven ben a min. Eche o que che teñen os podcast.

Recoméndovos que o escoitedes cando toca en Radio Galega Música os domingos de 10 a 11 da noite, ou como fago eu. Todo o conto ven a que nunhas cuñas que meten polo medio do programa usan dous temas espectaculares. Un deles e este Sabotage do album Ill Comunication. É imposible oila sen moverse na silla… e xa ten 13 anos.

Aínda para os que non vos guste a música, mirádeo todo, porque o video sería un dos 10 mellores de todos os tempos. Esa estética de serie policiaca norteamericana dos setenta contrasta e combina ferpectamente. ;-)

A desfrutar…

[gv data =”lzTxuDUfzzM”][/gv]

Publicado en Música | 3 Comentarios

P.J. Harvey – That was my veil

Non son un fan de P.J. Harvey. Gustame moito, vina en directo, a última vez nun memorable concerto en Paredes de Coura, pero só teño 3 ou 4 discos dela. Teño bandas favoritas por suposto, pero cos anos medra a actitude crítica, e as cousas vanse poñendo no seu lugar. Se o teu grupo preferido saca un disco que é lixo, dise e punto. Non son mellores ou peores, non hay grandes discografías perfectas. Si pode haber grupos que sacaron un ou dous discos espectaculares, pero non é o mesmo.

Este debe ser un dos discos que máis me custou acadar. Alá polo 98 decidín que debía ter esta canción nas miñas máns e encargueino na tenda TIPO de Santiago. Non sei cantas semanas fun por alí, a escoitar: “Aínda non chegou, proba a semana que ven”,  para logo pagar 3.500 pts das de aquela… non o ía deixar alí… non me arrepinto nadiña e iso que non son un fan.

Tremendas xoias ten este dísco coma Rope Bridge Crossing ou Civil war correspondant (no video despóis de Joe, no minuto 3:00)  e paro porque é unha das reliquias da miña pequena discoteca.  Con tanta leira xa esquecía dicir cal é: Dance Hall at Louse Point. E o causante de todo este rebumbio é o tema That was my veil, que escoitei seguramente no mítico programa De Cuatro a Tres dirixido por Paco Pérez Bryan onde peregrinaba relixiosamente todas as tardes das fins de semana.

Espero que desfrutedes dela tanto coma min.

[gv data=”RVqBM4EVOmk”][/gv]

E pensar que creei esta sección para que me dera pouco choio. Vou ter que ir ó médico.

Publicado en Música | Comentarios cerrados