XIII Xantanza. Acompáñanos pola Illa de Ons

Queredes pasar unha xornada na Illa de Ons, degustando un menú tradicional e acompañando aos blogastrónomos?

Mapa da Illa de Ons
A continuación as repostas a todas as dúbidas que vos asaltan:

  • Que imos facer:
    1. Desprazarnos ata á Illa de Ons (Parque Nacional Illas Atlánticas)
    2. Durante o traxecto degustación de produtos de Finca do Corvo a cargo do cociñeiro Javi Olleros (Culler de Pau – O Grove).
    3. Visita pola illa.
    4. Xantar tradicional
  • Cando: O vindeiro sábado 30 de outubro. Saída ás 10:30 h retorno ás 18:30 h.
  • Como: En barco (pensamos no paracaídas pero igual non caiamos todos dentro da illa :-P).
  • Onde: Sairemos do Porto de Bueu
  • Porqué: Unha xornada coma esta merece ser compartida con máis xente.
  • Prezo: 55 € + Viño

Para acompañarnos, tes que cumplir estes estritos requisitos:

  1. Ser amigo da páxina facebook dos blogastrónomos.
  2. Responder a esta mensaxe indicando que queres acompañarnos (por favor, só unha resposta por persoa)
  3. Levar fame e gañas de pasalo ben :-)

No caso de que o número de apuntados supere a nosa capacidade organizativa, verémonos na obriga de realizar un sorteo.

O menú tradicional con:

  • Polbo
  • Percebes
  • Empanada de zamburiñas
  • Cocido con bolos do pote
  • Empanada de mazá
  • Bandullo

Quen quere vir?

Publicado en Actualidade,Eventos,Gastronomía,Xantanzas BGG | 1 Comentario

Os BloGastrónomos Galegos xa estamos no facebook!

Non era sen tempo…

Pode pensar algún…

Non vivimos disto….

Penso eu…
O feito é que xa está e estades todos convidados a pasar polo noso recuncho e tomarlle algo…

BGG Blogogastrónomos

Xa sabedes…

Publicado en Actualidade,Eventos,Gastronomía | Comentarios cerrados

Claiming my blog at Technorati

8ny3prhfsb

Publicado en Actualidade | Comentarios cerrados

Os BGG forman parte da nosa historia

Hoxe saiu á venda Xornal de Galicia, un curioso salto inverso, da web ao papel. O caso é que moraiminha mercou un exemplar e hai uns minutos estaba a ver o caderno de lanzamento onde se atopa un gráfico a dobre páxina denominado Roteiros pola historia de Galicia. Por motivos técnicos non puiden reproducir o gráfico, pero si o fragmento que nos chamou a atención: o relacionado coa gastronomía.


Alí salientanse fitos coma aparición de distintas D.O., publicacións de Julio Camba e Álvaro Cunqueiro,  o nacemento da Grupo Nove, a apertura do primeiro restaurante de Toñi Vicente , a Cristina Alcalá, e ao final datados coma S. XXI, aparecen…


Ou aparecemos, porque ao fin e o cabo algo Blogogastrónomo ou Blogastrónomo (como finalmente nos autoproclamamos, mentres non salte a idea dunha nova votación) tamén son.

Pola pequena parte que me toca, agradézolle a David Lombao e Ángela Costas autores do grafismo a nosa inclusión. Aínda que non me parece que teñamos tanta importancia, xa me cambiou a cara para toda a semana.

Publicado en Actualidade,Batallas,Gastronomía,Intres,Persoal | 3 Comentarios

VAC.1


Foto dossier de prensa. VAC.1

Onte tivo lugar en Silleda a presentación de VAC.1, unha nova marca de calidade para a carne galega, que dalgún xeito ben a complementar a xa existente da Ternera Gallega, pero que nace coa intención de dar un pulo ao sector gandeiro e leiterio galego, onde moitas reses son desbotadas unha vez cumprido o seu ciclo productivo. A maioría destas vacas, cando son enviadas ao matadoiro, son dunha calidade excepcional, polo que cunha ceba adecuada (baseada na forraxe), poden alcanzar un nivel óptimo para o consumo.

Flavio Morganti e Martin Berasategui

O nacemento de Vac.1 contou con dous padriños excepcionais: Flavio Morganti e Martín Berasategui. O libro Vacas, a súa dignificación sexual e gastronómica de Morganti é o máis claro exemplo da súa aposta por este produto; e que un recoñecido internacionalmente Berasategui, que dixo ser fillo de carniceiro, confesase a súa aposta pola carne galega dende hai vinte anos non é máis que dicir en voz alta o que xa sabíamos: que vivimos nun lugar privilexiado, e temos o mellor ao alcance da nosa man.

Tartar de VAC.1

Os cociñeiros deron uns pequenos consellos de cociña; pero ver a Flavio Morganti preparar un tartar con Martín Berasategui como pinche foi un momento increíbel. Achegarme a eles para que me asinasen os slibros que carrexara denda a casa, e poder saúdalos personalmente, unha sorte. E a foto que nos fixemos Colineta, Gourmet de Provincias, Magago e eu con eles, o que nos fixo saír do acto cun sorriso nos beizos.

Chacina de VAC.1

Iso si, despois de quedar impresionados con algún dos pratos (non puiden probalos todos) do menú que deseñaran Berasategui e Morganti para a ocasión. Os mellores para min, a chacina e o lombo baixo á pedra. Inmellorabeis.

Publicado en Actualidade,Eventos,Gastronomía | Comentarios cerrados