Un novo fito na historia dos BGG: A primeira cata de Gasosas

Os Blogastrónomos temos un aquel de tentar innovar en gastronomía. A nosa última aventura foi a cata de gasosas celebrada hai escasa horas na enoteca  Bagos en Pontevedra.

Entre os seis asistentes xuntamos unha nada desprezable cantidade de bebidas carbonatadas producidas na nosa terra. Entre elas, por citar algunhas estaban: Xiada, Feijoo, El Pombal, La Pitusa, Nieto, Espiña, Pousada, Lareva, Xenio, etc.  e así ata 15 envases diferentes. A continuación unha instantánea do que alí se xuntou.

Escolma de gasosas utilizadas na cata

Nesta segunda imaxe amosamos os representantes do segmento máis alto. Con envase de vidro e mesmo precinto de garantía nos exemplares máis senlleiros.

gasosa-1

O certo é que detallar unha cata tan ampla, e con tantas mostras  sería unha ardua tarefa, por iso quero agradecer a Magago e Sole a idea de gravar en video os momentos máis significativos, de xeito que quede constancia e mesmo, porqué non dicilo, como unha guía para que calquera afeccionado se inicie neste apaixoante mundo das burbullas.

Tras o visionado do mesmo quédalle a un a sensación de que hai produto, e que quizais falte un pequeno pulo para posicionalo no lugar que lle corresponde. Déixoo caer para abrir o debate: Por qué non unha D.O. Gasosa de Galicia?

Outras visións: Capítulo 0, Laconada, La caja de los hilos, O Viticólogo e De Pinchos.


Actualización: Obviamente trátase dunha pequena farsa montada para o día de onte. Certo é que debería ter sido o 1 de abril, pero como a idea xurdiu na última xantanza decidimos facela desta volta.

Agradecémoslle a Fernando e Adrián do Bagos que se prestaran a seguirnos o xogo. Non vaiades na procura de gasosas alí porqué non ás atoparedes, como tampouco cervexa e outras bebidas que non sexa estrictamente un amplo abano de viños, e unhas magníficas tapas para acompañalos. Supoño que haberá que facerlles unha entrada para compensalos…

Publicado en Batallas,Eventos,Gastronomía | Comentarios cerrados

O mellor festival

Asitir a un festival dende o backstage. Eis unha vella arela feita realidade. Non foi ningún dos que visitei os últimos anos: Primavera Sound, FIB, Summercase, LolaPop, Sonorama, DoloRock… Tampouco as bandas eran coñecidas, nin atopei ningún famoso. Alcohol e drogas non faltaron, pero non eran para min. Non me importou…

lolapop sonorama fib festival benicassim summercase primavera sound

1

Pasou un mes. Pode que o mellor da miña vida.

Publicado en Batallas,Persoal | 3 Comentarios

3 blogs para desfrutar da bebida ao noso xeito

Hai uns días apareceu un novo blogue especializados en cocteis, que me animou a reflexar dalgún xeito esta efémeride, que ao igual que ao Rei: Me llena de orgullo y satisfacción

Dalgún xeito o número tres doume a sensación de que a cousa estaba madura, de que se traspasou a masa crítica e hai escritores e lectores para temas tan especializados coma o whisky, o viño e os cocteis.

O triunvirato da opinión etílica en galego está formado (ordeados segundo antigüidade) por:

Whiskeiro. O nome non deixa dúbida ao sobre o contido paseo polos destilados de cereais. Sen ser moi afeccionado a estes grolos, a lectura do seu pequeno número de entradas, está a influir nos meus gustos e preferencias, e quen sabe se algún día será o causante do cambio da bebida oficial dos blogastrónomos.

O Viticólogo dos Bagos. Novo compoñente dos BGG dende hai ben pouco, é toda unha enciclopedia enolóxica na rede. O máis prolífico dos tres.

Cocteloxía. O novato e se cadra máis sorpredente. Non sei cantos blogues haberá no mundo adicados aos cocteis, pero non han ser moitos. Leva menos dun mes aberto,  pero deséxolle unha longa vida na rede.

E por fin unha soa arela: que teña que editar esta entrada moitas veces.

Publicado en Batallas,Gastronomía,Persoal | Comentarios cerrados

Por que non todos os xantares de amigos son iguais…

… e agora que o vexo, non sei se elixín ben o título. O que quero dicir, é que nesta altura do ano, se produce unha combinación de xuntanzas con amigos e compañeiros que se atopan todo o ano lonxe, e un pésima oferta hosteleira onde, en xeral, se aproveita para encher locales cobrar ben e dar un servizo non acorde ao mesmo. Certo é que nestes xantares o que importa é estar con quen un quere, e non tanto o que hai na mesa, pero iso non evita que un quede cunha sensación de qué ben o pasei, pero que mal comín! Por outra banda, non todo é culpa dos establecementos hosteleiros. En ocasións non se pode ou non se quere pagar o suficiente, e outra xente directamente non sabe comer.

Todo isto ben a conto, de que este ano desfrutei dunha xornada magnífica con compañeiros e ex-compañeiros de traballo, no R.C.M. de Aguete, gracias á Jano que organizou un abano de actividades ao redor do tradicional xantar do Nadal, quedando menos tradicional, e pode que por iso, gañando no resultado.

O programa abriu cun paseo a vela pola Ría, ou mergullo na mesma. As preclaras mentes que ocasionalmente me visitan, saberán cal foi a miña elección.


Da man do Centro de Buceo Beluga que ten as súas instalacións nos baixos do R.C.M. Aguete, fixemos unha inmersión na Pedra do Cabalo. Auga a 11 e 6 graos na supercifie foi toda unha experiencia para un novato coma min.

De volta como non podía ser doutro xeito, realizamos a descompresión na cafetería do clube desfrutando duns albariños e agardando a chegada do resto dos comensais, mentres ollabamos a exposición de fotografía submarina, con imaxes da Ría e de Sulawesi.

Unha vez reunido o grupo, subimos ao comedor e comezamos con este aperitivo que era un auténtico grolo de mar, e converteuse nun dos meus preferidos do menú. Bivalvos no seu caldo.

O primeiro entrante foi ensalada de centola, tomate asado e aceite de olivas negras.



Ovo, pataca e trufa como entrante quente.



Encantoume a combinación do Bacallao confitado, pil-pil de limón e pisto. Mágoa que non estivera completamente no punto o bacallao.



Foie asado, torrada e viño tinto foi outro dos puntos álxido. Non lembro a útlima vez que tomei foie pero este emparellamento cunha torrada non doce, foi un acerto. Escollín esta vista, á oposta á da presentaciómn para que se vira a pera confitada que agochaba o contrapunto do fígado.



E chegamos ás sobremesas. Froita da paixón, laranxa e iogur. Non esperaba atoparme esferificacións por aquí. Refrescante a estas altura do percorrido.



Chocolate quente e doce de leite, cun arxentino sentado á mesa isto sempre ía triunfar. Chamoume a atención moito a presentación nunha cunca desas que xa non se ven polos bares.



Todo isto regado con Codorniu Pinot Noir Brut, Viñas del Vero Gewüztraminer que me sorprendeu como acompañante do Foie, e un Pedro Ximénez de La Cilla como complemento das sobremesas.  Cafés e licores tradicionais galegos, do que saliento un licor de queimada que nunca antes tivera ocasión de probar, por 45 €, IVE incluido. Non hai queixa a verdade.

O xantar rematou aquí, pero a London Gin, unha animada conversa e o SingStar non permitiron a nosa retirada ata que a noite estivo ben fechada. Aínda así remato con este fermoso solpor que debeu coincidir co fin dos cafés, co chirleu no centro, e a miña promesa de repetir un día que non teñamos tantas actividades para prestar máis atención ao menú voltar falar con Miguel e coñecer a Noa que se atopa aos mandos da cociña.

Ventureiro 2009 a todos!

Publicado en Batallas,Gastronomía,Mergullo,Persoal,Restaurantes | 2 Comentarios

Os BGG forman parte da nosa historia

Hoxe saiu á venda Xornal de Galicia, un curioso salto inverso, da web ao papel. O caso é que moraiminha mercou un exemplar e hai uns minutos estaba a ver o caderno de lanzamento onde se atopa un gráfico a dobre páxina denominado Roteiros pola historia de Galicia. Por motivos técnicos non puiden reproducir o gráfico, pero si o fragmento que nos chamou a atención: o relacionado coa gastronomía.


Alí salientanse fitos coma aparición de distintas D.O., publicacións de Julio Camba e Álvaro Cunqueiro,  o nacemento da Grupo Nove, a apertura do primeiro restaurante de Toñi Vicente , a Cristina Alcalá, e ao final datados coma S. XXI, aparecen…


Ou aparecemos, porque ao fin e o cabo algo Blogogastrónomo ou Blogastrónomo (como finalmente nos autoproclamamos, mentres non salte a idea dunha nova votación) tamén son.

Pola pequena parte que me toca, agradézolle a David Lombao e Ángela Costas autores do grafismo a nosa inclusión. Aínda que non me parece que teñamos tanta importancia, xa me cambiou a cara para toda a semana.

Publicado en Actualidade,Batallas,Gastronomía,Intres,Persoal | 3 Comentarios