Archive for the 'Batallas' Category

Dec 23 2007

Quén lle comeu o pelexo ó peixe?

Published by makeijan under Batallas, Gastronomía, Persoal

Esta foi unha pregunta de Xosé Manoel, na resaca da II Blogoxantanza, que voltou sair na recente IV edición, cando se presentou a pescada no Allo e Aceite. Prometín que remataría este tema, e por unha vez vou cumplir.

Sempre falo da miña primeira experiencia neste mundo da cociña elaborada, porque foi coma un rito iniciático. Nunha soa cea aprendín máis que en moitas outras despois. O primeiro prato daquel sempre revisitado menú degustación era un ravioli de Queixo do Cebreiro que foi sustituido por Queixo Azul naquela ocasión. O prato estaba decorado cunhas sementes e flores. Primeiro pensei que había que retirar esas folliñas para comer o ravioli, porque así foi presentado, pero cando verqueron a crema de cabaza (senon lembro mal), presentouse o problema: como escollo agora o ravioli e evito coller os pétalos que andarían ciscados polo prato. Xoan Cannas debeuse de apiadar da miña cara de circunstancias, e enseguida comentou: Cómese todo. E aí é onde está a chave do asunto. Penso que todo o que esté dentro do prato forma parte do conxunto de presentación, aroma e sabor, e non só dunha delas.

Conclusión: Se o peixe ben con pel, será por algo.

Chuzame! chuzame -

2 responses so far

Out 03 2007

Para ir facendo boca…

... que estes día estou moi liado e non sei se terei tempo de escribir con calma sobre o tema. Así, mentras atopo o tempo e o pulo necesario, deixovos con este pequena paiasada.

marcelo-no-cine.jpg

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Set 25 2007

O aguacate galego…

Published by makeijan under Batallas, Gastronomía, Persoal

... aínda non é unha denominación de orixe, pero dádelle tempo ;-).

A foto ten un aire tropical e estou convencido de que se non dixera nada, sería difícil de ubicar na nosa terra. Cos platanos, kiwis e tras eles, o aguacate.

Na III Xantanza faleilles deles a Gonzalo, Chus e Cesar, e do afortunados que somos por poder desfrutar deste froito pañado directamente da árbore, e non coma a meirande parte dos mortáis europeos.

Para que vos fagades unha idea, pensade nun deses amorodos que se merca no inverno, ou ese tomates insípidos que sufrimos todo o ano. Cando chega o verán e alguén che da un saquiño deles é coma estar nun tobo e sair caa a luz. Primeiro incertidume, confusión, cegueira no padal... e de seguido explosión de sabor na boca.

Na imaxe de arriba pódense apreciar dúas xeracións do froito. Os do ano pasado, xa cumplidos e cunha cor que os mimetiza coas follas. Xunto a eles, a nova e cativa colleita deste ano, dunha cor verde lima e tamaño moi inferior, e aos que aínda lles resta por sufrir o inverno da terra, que tal como anda o tempo metereolóxico é toda unha incógnita...

Chuzame! chuzame -

One response so far

Set 15 2007

McCondom: un preservativo con sabor … A WHISKY!

Published by makeijan under Batallas, Persoal

Estes días estou a celebrar o meu aniversario, unha desculpa coma calquera outra para xuntarse cos familia, os amigos e outros animáis. Ó redor dunha mesa, con boas viandas e mellores caldos poñemonos ao día das vidas de uns e outros ata que chega un momento no que che entrega un agasallo que non agardas. Ábrelo e atopas isto:

Os condóns non teñen nada de especial, pero algunha vez oirades algo de uns con sabor a whisky? Eu non. Vese que teño pouco mundo. Por certo Facas, xa sei onde o mercaches. Seguramente os que estiveran visitando a Perfida Albión nestes últimos anos xa os teñan visto.

A caixa indica un URL a unha páxina que non funciona (polo menos agora), e iso fixo que buscara outras referencias. Así caín nesta outra páxina que seica fan preservativos cun sabor a mango, kiwi e plátano máis vitamina E!. Un non deixa de sorprenderse nunca, pero neste sector xa non creo que me pase. De todos xeitos, vou facer unha proposta: para cando condóns con Omega 3?

Chuzame! chuzame -

One response so far

Set 10 2007

Lolapop 2007 ou coma o mundo é realmente pequeno (I)

O pasado mes de agosto celebrouse o Lolapop, primeira edición dun festival de música enmarcado nas Festas das Dores de Ponte Caldelas.  Non vai ser esta un crónica moi detallada porque xa pasou tempo e foi unha noite de excesos, mais ben valerá como lembranza do anecdotario  daquela noite.

Ó solpor abriron Portrait cun Pop acústico que entraba ben. Recén chegado do choio, non estaba preparado para moitas estremonías e Moraiminha, que amablemente se ofreceu a levarme ata alí, aínda menos. Ao seu remate fomos cear que, como sempre di a miña nai, un palleiro non se fai sen palla e a noite prometía.

Os seguintes foron Fantasma#3, pero a cea non me permitiu chegar. Unha mágoa porque agora que os escoito e leo sobre eles, lembro o concerto do Primavera Sound do ano pasado e non estivera mal. Ilustro cunha foto dunhas pantasmas que atopei no festival ;-).

Igloo, os escapados/explusados de Deluxe (o Xoel non debe ser bo de aturar), foi a nosa reentrada no festival. Acompañado xa de Cesarinn, non logrei conectarme moito co seu son e atopeinos un pouco uniformes. Quizáis tiña demasiadas espectativas depósitadas neles.

Algo semellante me pasou cos grovenses Nadadora. A onda esta de catequistas refuxiados La buena Vida, Ama, Le Mans, Nadadora..., nunca foi comigo, pero casualmente este verán en Barcelona, escoitei algo do seu último traballo e non o vou negar, gustoume, mais o seu directo non era o que lembraba.

Definitivamente Maga foron os meus elixidos. Estaban ligándome con cada canción, pero xa coa versión de No mires a los ojos de la gente, acabei entregado. Espectaculares.

Remataron Delorean, dos cales non teño foto, cunha pose moi Placebo, e temas de pop electrónico perfectos para deixar bo sabor de boca nun festival deste tipo.

En definitiva, boa organización, boa música (aínda que non toda me gustara), copas e cañas a bo prezo,  pinchas en varios locales de Ponte Caldelas, para que a festa non rematara ata que un o decidira. Espero que disfrutemos dunha segunda edición o ano que ven.

O meu corpo sobre as 6 dixo que xa era hora de retirarse... e deixo resto de historia para outra ocasión que hoxe xa estou canso, case tanto coma a noite do Lolapop...

Chuzame! chuzame -

No responses yet

« Prev - Next »

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume