Archive for the 'Intres' Category

Mai 06 2008

Fusión…

Published by makeijan under Intres, Persoal

Levo uns días con moito choio, que sumado á ponte que disfrutei xunta máis traballo, e moitas cousas que contar que non sei se darei sacado á luz. De momento tiro dunha imaxe que curiosa da nosa terra.

Fusión... Qué outro nome pode ter esta mistura de palmeira e centola?


Chuzame! chuzame -

2 responses so far

Abr 14 2008

PAN

Published by makeijan under Actualidade, Gastronomía, Intres

-Papa, Pan!.

-Morto!

Este era un dos diálogos habituáis, que lembro cun sorriso á hora do xantar. Era máis novo. Moito máis.

Veume esta lembranza infantil, ao escribir o título da entrada, e é que esta foto si que amosa pan de verdade. Pan con maiúsculas. Foi tomada nesa feira que tanto esta a darme para escribir, sendo esta derradeira entrada relacionada.

Por non apuntar o nome agora non o lembro (Panadería Irene?), mais si recordo que era un panadeiro de Palas de Rei (Lugo), que moi amablemente cando moraiminha lle preguntou se lle importaba que fixera unha foto do seu posto, dispúxose a colocalo do xeito máis lucido posible.

Non hai máis que ver a imaxe...


Un bolo ou barra que, coma estes, podes comer durante unha semana, é ciencia ficción para quen está afeito a mercalo quentiño á hora do xantar, e que non se trague á cea.

Por iso non o deturpo chamandoo pan, senon polo seu nome: PAN.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Mar 22 2008

Usted ha sido advertido

Published by makeijan under Batallas, Gastronomía, Intres, Persoal

Qué pensarías se leras isto nunha carta?


Non sei ti, pero o primeiro que asaltou a miña cabeciña foi que había que probalo. Afortunadamente eramos seis comensais e tocou a uns cachiño de polo para cada un, porque era realmente bravo, a pesares de non ter o titulo de prato máis picante que teña tomado.

Esta singular advertencia pertence áo menú do Delhi Palace, un restaurante indio aberto recentemente en Pontevedra.

A curiosidade fixo que procurara algo da historia desta preparación, o Polo Phal, e semella ser unha receita creada en Gran Bretaña para satisfacer aos máis tolos do picante, así que non pasa dunha anécdota culinaria, sen máis historia.

Iso sí,  a advertencia  é xenial!.

Chuzame! chuzame -

10 responses so far

Feb 24 2008

27 kg

Published by makeijan under Gastronomía, Intres

A primeira parada cara a V Xantanza, foi na Taberna Vikinga. Alí gracias aos contactos de Cesar e Chus, puidemos entrar na cociña a ver este Peixe Sapo de 27 kg. Preme na foto e usa como referencia o cacho de billa que se vislumbra detrás da súa aleta dereita... Monstruoso!.


Chuzame! chuzame -

2 responses so far

Feb 07 2008

Dous detalles

Published by makeijan under Gastronomía, Intres

Mentras agardo que outros cumplan a súa parte, deixo dúas imaxes de sobremesas.

As follas de limón que salientou Colineta nunha conferencia onde tratou as sobremesas do entroido, tradición que descoñecía ata que fun caer por Barro. A imaxe amosa unha folla de limón aberta, onde se pode apreciar como quedou impreso o relevo da folla.

Follas de limón. Sobremesa do entroido

Esta outra vai de agasallo... un detalle de filloas de sangue no mes de febreiro... efectos colaterais deste extrano clima que sufrimos. Matanzas tardías...

Filloas de sangue no entroido

Chuzame! chuzame -

2 responses so far

Next »

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume