Archive for the 'Intres' Category

Xan 19 2008

Pariska - Praha 1

Para os checos este un de xaneiro foi un motivo de festa por varios motivos:

Estos son os foguetes tirados dende Letenské sady, vistos dende a intersección de Pariska e Staroměstské Náměstí . Unha morea de xente ateigaba a zona máis exclusiva de Praha, baixo a luz artifical da polvora ardendo e a iluminación de nadal das árbores.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Xull 26 2007

Tatuaxe… extrano?

Published by makeijan under Batallas, Intres, Persoal

Disque hai xente para todo, e este é un exemplo dos que confirman a sabiduría popular. Eu non son de mutilacións corporáis, nin perforacións, nin tatuaxes... Non quero que se me malinterprete. Quero dicir que a min non me gustan e non teño pensado pasar por unha tortura dese tipo, pero que cada un faga o que queira co seu corpo.

Agora vou amosarche unha imaxe. Qué ves aquí?

Tatuaxe debian

Haberá quen nestaa foto só vexa unha especie de espiral, e quen vexa... o logo de Debian. Para os que pertenzan ó primeiro grupo tiraremos de wikipedia para cultivalos.

Un cachiño da foto orixinal, será máis esclarecedora.

Tatoo debian

Agora ven a parte negativa do asunto. A rapaza (Elisa non vou dar o teu nome, para manter o anonimato) ten un portátil con Windows Vista, e a función do debuxo é estético-sentimental, moi alonxado da visión romántica do software libre, que poderiamos imaxinar.

Chuzame! chuzame -

No responses yet

Abr 10 2007

Diablo Bar Lugo

Published by makeijan under Intres, Persoal

O Diablo é un local de Lugo no que estivemos na viaxe de decembro (aínda dou para escribir ;-)), cando fixemos esta foto sabía que se quedaba ben ía sair. Igual hai un monte de bares que serigrafían o seu logotipo nas pallas, mais non os que vou eu.

Diablo Bar Lugo

Unha foto que quedou bastante ben, sen tocarlle a nada.

Chuzame! chuzame -

3 responses so far

Abr 04 2007

New York en Pontevedra?

Published by makeijan under Intres

Chámame acomplexado, mais que fai este anuncion en Pontevedra?. Co conto de que o Euro está moi ben situado fronte o Dolar, a oficina de turismo de New York debe de andar a facer unha campaña, supoño eu que por todas as capitais de provincia, para que vaiamos de visita á súa cidade. O lema:

El euro te da mas en Nueva York

Como non teño ganas de que me traten coma un maleante (ainda que o sexa), e non sei como serán as vacacións este ano cos movemento que hai no meu traballo, lembrarei as historias que nos contou Solla no seu paso pola ONU.

NYC Pontevedra

Chuzame! chuzame -

2 responses so far

Mar 22 2007

Alborada urbana

Published by moraiminha under Intres, Persoal

O pasado sábado, cando saía a facer uns recados, escoitei pola rúa música de gaiteiros. Cal non foi a miña sorpresa ó ver de lonxe un grupo de músicos camiñando de fronte. Lembrei, entón, que eran as festas de San Xosé de Campolongo.

Alborada Urbana en Pontevedra

Co son da música veume á memoria outra mañá, esta vez chuviosa (non sei porque, case todos os meus primeiros recordos son de días de choiva) de cando vivía na casa dos meus avós. Era o día da festa, o día de San Martiño. Todos na casa estaban arranxando as cousas para recibir ós festeiros; supoño que xa uliría a aquel cocido tan espectacular que facía a avoa. Facendo que axudaba, seguro que enredaba polo medio. Ó lonxe, escoitáronse os grileiros (así lles chamaban no meu pobo), e eu saía correndo da casa para velos pasar polo camiño, recorrendo a pé a aldea antes da hora da misa...

¡Que ninguén esquecese que era o día da festa!

Chuzame! chuzame -

No responses yet

« Prev - Next »

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume