Beijing e a contaminación

Vai facer dous anos que fixen esta viaxe, e non a vou dar escrito na vida, pero así de cando en cando, pode que me dea por comentar algo dela. Hoxe acordeime das primeiras impresións que tiven ao chegar a Beijing…Vista dende o Sheraton Great Wall Hotel en Beijing - China
Esta foi a primeira imaxe que tirei ao chegar a China. Unha vista dende o Sheraton Great Wall Hotel. Non é unha grande foto, pero sirva para ilustrar a visibilidade nun día normal.

Segundo nos contou Yu (o noso guía) esta situación era habitual, dado que chegaba area en suspensión orixinada por tormentas de zonas desérticas. Isto unido a unhas baixas precipitacións que axudaran a limpar o aire, que o inmenso parque de bicicletas, está a ser trocado por vehículos a motor vertixinosamente, e que o crecemento económico, do que se fala dende hai anos, ten que vir da man dunha industrialización moi acusada, so poden ter como resultado un ambiente pouco respirable.

A vindeira foto é a máis reveladora. É unha mata dunha beirarrúa perto do hotel. Estabamos no mes de abril e coma unha milagre, agromaban as folliñas na recén chegada estación, mais se as comparamos coas súas vellas compañeiras, constatamos toda a veracidade de toda a información aportada. Pensemos que todo o que está incrustado nesas follas estivo antes no aire…

Todo este conto ven a que se acercan os Xogos Olímpicos e onte lin en El País que o corredor de maratón etíope Haile Gebrselassie, non competirá nas olimpiadas por causa da contaminación, e como podedes imaxinar non me estrañou nadiña…

Publicado en Actualidade,China,Persoal,Viaxes | Comentarios cerrados

China. Unha promesa

Hai hoxe un ano comezamos unha viaxe por China que nos fixo percorrer unha pequena parte do pais. Podemos dicir un par de cousas sen temor a errar. Esta moi lonxe e é moi grande. ;-)

Ata que remante con Chequia non vou podo, e tal como ando de liado vai ser complicado que bula… pero prometo comezar en menos de dous meses. A ver se non fago coma os políticos e cumplo o que prometo ;-).

Moscaico China

Publicado en China,Viaxes | Comentarios cerrados