Another Cow In The Corn http://acitc.blogaliza.org Nada que non viras vinte veces por aí... Mon, 26 Sep 2011 13:26:32 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Restaurante Trébula. Sorpresa no Morrazo http://acitc.blogaliza.org/2011/09/26/restaurante-trebula-sorpresa-no-morrazo/ http://acitc.blogaliza.org/2011/09/26/restaurante-trebula-sorpresa-no-morrazo/#comments Mon, 26 Sep 2011 13:01:02 +0000 http://acitc.blogaliza.org/?p=1027 Ter unha orientación á hora de saír non ten prezo. E certo que dende que temos ese gran amigo coñecido coma Internet, a cousa é máis doada, pero dende o meu punto de vista, non sempre é así.  A intelixencia colectiva que alimentamos creando contido nese grande océano de información que é Internet, obríganos a botar o aparello axeitado. Se a malla é moi mesta,  apañamos todo, se é rara haberá algún peixe pequeno, pero de grande valor, que acabará por colarse.

Aínda así, as veces unha recomendación directa ten un valor especial. E este foi o caso que nos ocupa. Rescatado do fondo do armario, fago visible visita a Cangas do Morrazo do mes de abril. Hai pouco preguntáronme por el e tiña idea de que xa escribira algo. Obviamente non foi así.

O Restaurante Trébula atópase no Paseo marítimo de Rodeira en Cangas do Morrazo, dende as súas mesas máis privilexiadas pódese desfrutar de envexables vistas doskyline vigués, moito máis atractivas na noite, e do ronsel de embarcacións que cruzan a ría uníndoas.

O menú de aquela comezou con sopa de tomate con ibérico e crema de corales con fideos de arroz



Atun con cogombro picante



Sardiña con pan



Xurelo con verduras e caldo curto afumado



Peixe sapo mariñado e gromos



Pescada con espárragos e chícharos pelados



Foie con tosta de pasas e noces e reducción de PX



Solombo con pataca especiada



Tetilla con froitos vermellos



Sopa de biscoito de manteiga con xelatina se augardente



Unha boa opción para comer en Cangas, con pratos ben presentado, e un trato en sala excepcional, onde cun prezo contido. Sinto non lembrar o importe exacto, nin o viño que nos acompañou pero estou por apostar que foi o grande Contraparede, que polo que me comentaron deixaron de producir.

]]>
http://acitc.blogaliza.org/2011/09/26/restaurante-trebula-sorpresa-no-morrazo/feed/ 10
XV Xantanza. Oh! Sushi. Dende as outras puntas do mundo. http://acitc.blogaliza.org/2011/09/06/xv-xantanza-oh-sushi-dende-as-outras-puntas-do-mundo/ http://acitc.blogaliza.org/2011/09/06/xv-xantanza-oh-sushi-dende-as-outras-puntas-do-mundo/#comments Tue, 06 Sep 2011 07:49:03 +0000 http://acitc.blogaliza.org/?p=1036 Un cociñeiro arxentino que fai cociña xaponesa en Galicia. Pódesese pedir máis cosmopolitismo?. Velaí o cadro co que partimos nesta xantanza.
Oh! Sushi non era un descoñecido antes da convocatoria do pasado sábado. Hai pouco máis dun ano que o visitamos quedando con gañas de máis, e unha xantanza presentábase como unha das mellores oportunidades para retornar.

Contamos con dúas convidadas, unha repetidora Carmen Albo alias Guisándome la vida á que se ve que non asustamos o suficiente, e unha nova vítima María F. Tesouro alias María’s Recipe Book que sobreviviu e xa veremos se quedou con gañas de máis.

E coma sempre comezamos co menú:



Por se non entendedes a letra, podedes ver unhas imaxes que alimentan, porque esta cociña abre os sentidos entrando primeiro polos ollos, que é o único que podo compartir… e para o resto tedes que visitar o restaurante.

Se queres velo a pantalla completa que é máis lucido…
E difícil quedarse con algo, o figado de peixe sapo non parecía atractivo a primeira vista, e foi unha revelación, a ensalada de polbo con cogombro (un reto de xmanoel), a experiencia do sashimi de robaliza con 24 e 48 h e a interesante explicación en torno á procura do punto de consistencia e sabor ideais, a ensalada de atún picante un must se os visitas, os nigiri de rincha e ata o de pelexo de salmón que é un peixe que non me chama, o Gindara saikio miso (bacallao negro, mariñado en miso e ao forno) espléndido (do pouco que comimos cociñado).

<carallada>Por buscar unha defecto, faltou a panga. Agardabamos ese delicado bocado e as lonxas non nos quixeron desta volta, para compensalo aforraron moito en enerxía (gas, electricidade) na preparación da maioría dos pratos.</carallada>

Aínda a risco de repetirme, non podo esquecer o que publiquei onte no irmán pequeno deste blog: ACITC Intres Edition. Un dos momentos que pasarán a historia dos blogastrónomos coma míticos. Non é preciso comentalo só hai que ver o vídeo (que desgraciadamente non se deixa acompañar polas imaxes).

Para os que lles gustara a idea atopei a receita e nos videos relacionados unha chea de exemplos similares con outros alimentos vivos, pero que isto non asuste aos dubidosos comensais. Teño a sospeita de que foi un reto de Andrés contra nos. Unha especie:

de a ver se comedes isto!

A nosa velada resposta foi obviamente:

Vostede non sabe a quen lle está dando de comer!

Coma sempre tiveron que botarnos do local, por ese costume da longas sobremesa onde trituramos a preguntas a quen se deixa. O pobre Andrés acompañounos un bo pouco, restando tempo ao descanso para o turno da cea.



Gracias a el e ao seu equipo pola experiencia. A vindeira terá que ser na barra, que é o sitio onde se ten que comer o sushi, non si?

Outras visións do mesmo ágape: Capítulo 0 (Magago e FotoSole), Manoel Foucellas en Pantagruel Supongo.

]]>
http://acitc.blogaliza.org/2011/09/06/xv-xantanza-oh-sushi-dende-as-outras-puntas-do-mundo/feed/ 18
Queda moito que papar… http://acitc.blogaliza.org/2011/04/01/queda-moito-que-papar/ http://acitc.blogaliza.org/2011/04/01/queda-moito-que-papar/#comments Fri, 01 Apr 2011 14:28:10 +0000 http://acitc.blogaliza.org/?p=1013
O un de abril van os burros onde non deben irSó fixemos un descanso para celebrar o primeiro de abril, debeu ser un efecto secundario do noso paso por El Empalme.  Algúns caeron e outros cacháronos nas patacas. O feito é que de momento queda moito que papar e non podemos deixar ese traballo a calquera…

Longa vida aos blogastrónomos!

]]>
http://acitc.blogaliza.org/2011/04/01/queda-moito-que-papar/feed/ 7
Nota de disolución dos Blogastrónomos http://acitc.blogaliza.org/2011/04/01/nota-de-disolucion-dos-blogastronomos/ http://acitc.blogaliza.org/2011/04/01/nota-de-disolucion-dos-blogastronomos/#comments Fri, 01 Apr 2011 06:25:41 +0000 http://acitc.blogaliza.org/?p=1010 Debido as diferenzas irreconciliables xurdidas nos últimos tempos, e que se puxeron de manifesto na última xantanza celebrada apenas fai uns días, hoxe, 1 de abrill faise efectiva disolución definitiva do grupo grupo de afeccionados á cociña coñecido coma os Blogastrónomos. Esta decisión colectiva, non ten porqué influir na continuidade de cada blog individualmente, nin impedirá que puntualmente podamos coincidir os, dende xa, antigos membros en actividades enogastronómicas. De todos os xeitos, e para que non xurdan suspicacias e malentendidos, queremos que quede claro que entre nós non existe ningún problema personal, senon que a disolución se debe á dificultade que, para xente tan diferente e con intereses tan diverxentes, supón o funciomento como grupo.

]]>
http://acitc.blogaliza.org/2011/04/01/nota-de-disolucion-dos-blogastronomos/feed/ 3
Aceite de oliveiras galegas. O día que Bendilló aparece nos mapas. http://acitc.blogaliza.org/2011/03/20/aceite-de-oliveiras-galegas/ http://acitc.blogaliza.org/2011/03/20/aceite-de-oliveiras-galegas/#comments Sun, 20 Mar 2011 20:14:19 +0000 http://acitc.blogaliza.org/?p=996 Catrocentos quilómetros fixemos hoxe mesmo para visitar o muiño de aceite de Bendilló, unha desas peregrinacións longamente adiada á que finalmente puidemos asistir. Todolos anos, dende hai 11 xa, por estas datas (non sei moi ben con que criterio) celébrase a Mostra do Aceite de Quiroga, do que por certo se pasas pola vila non atoparás nin un só sinal ou indicación, carencia que os traballadores das gasolineiras saben suplir, afortunadamente.


O vello Muiño das Farrapas abre as súas portas ao público aproveitando esta data, amosando o proceso tradicional de elaboración deste produto atípico na nosa terra, e simultaneamente, os cinco románticos que apostan por ofrecernos o aceite que obteñen a partires das, por muito tempo, esquecidas oliveiras locais, atenden ao público asistentes entre sons de gaita, viño, churrasco e polbo.

O obradoiro é pequeno e non está deseñado para visitas, todo o espazo é preciso para traballar, así con dúas ducias de espectadores, xa non é posible nin escoitar as explicacións e difícilmente tirar unha foto decente. Como as miñas son francamente malas, tiro de buscador e ligo unha a xeito documental, e outra serie dun muiño abandoado na veciña Vilaster, que a pesares das mutilacións sufridas polo edificio, a pía de moer  e o lagar parécenme mellor conservados có de Bendilló.


Vimos por aceite, mais os ollos revíranse ante a presenza desas bolas de pan, e cae unha nunha oficialísima bolsa de papel verde, tamén mel que o pai é lambón, pero o fillo non queda atrás. Un palleiro non se fai sen palla. Finalmente o noso dourado obxectivo, xusto antes de marchar.

Xa na casa, parte do noso tesouro en ouro líquido. Á esquerda aceite da veciña vila de Montefurado (moito buraco fixeron os romanos), de ton amarelo mate, turbio e con pousos no fondo, do que infiro que non sufriu ningún tipo de filtrado. Se alguén quere contactar con eles están no facebook.

Á súa beira, a producida por Guillermo Nogueira, no muiño tradicional que acababa de visitar. De cor verdosa, transparente e sen pousos, adiviño sen esforzo que a caste das oliveiras non pode ser a mesma.  Acordaron para a feira valorar en 7 € o cuarto de litro e en 15  os tres cuartos, que son cartos pero en realidade non ten prezo.

Certo, resta describir o sabor, a qué sabe o aceite galego artesán? Vai quedar pendente para unha cata cega realizada ad hoc, con zumes de oliveira do sur… a ver se o meu padal é quen de distinguir os matices das terras regadas polo Río Lor.

]]>
http://acitc.blogaliza.org/2011/03/20/aceite-de-oliveiras-galegas/feed/ 8
Restaurante La Oca. Un salón-comedor cheo de sabores http://acitc.blogaliza.org/2011/03/10/restaurante-la-oca-un-salon-comedor-cheo-de-sabores/ http://acitc.blogaliza.org/2011/03/10/restaurante-la-oca-un-salon-comedor-cheo-de-sabores/#comments Thu, 10 Mar 2011 14:12:39 +0000 http://acitc.blogaliza.org/?p=987 Disto moito de ser un gran cociñeiro, pero as veces cando me meto entre olas e tixolas, recibo un inmerecido cumprido:

Nunca pensaches en montar un restaurante?

Un que, por sorte ou desgracia, ten a unha profesional na familia, sabe ben que non é mesmo preparar un xantar ou cea para 4 ou 6 amigos que alimentar un sala chea de comensais, sen esquecer a anarquía horaria que acostumamos practicar, e que as datas que consideramos festivas ou de descanso, son as habituais de producción para estes traballadores e empresarios deste sector.
Todo isto ven a conto, porque o Restaurante La Oca estivo virtualmente vedado para nos durante ben tempo. A apertura habitual e ao mediodía durante a semana e as noites de venres e vesperas de festivos. Precisamente un festivo local era unha desas raras oportunidades que decidimos aproveitar.


O comedor lembroume ao salón da miña casa (ou de tantas outras) nun día de festa. As cadeiras, as paredes inzadas de pratos, imaxes e cadros, as lámpadas e apliques, o chinero… non sei se foi casualidade, pero ata os comensais que nos acompañaban, semellaronme figurantes escollidos para recrear un ambiente máis fidedigno. Un, ao que xa lle branquean os cabelos e as pernas alcanzan ao chan,  sentiuse máis novo, coa presión das debidas advertencias antes dunha visita, para causar unha boa impresión comportándose correctamente.
O trato cordial e cercano de quen nos atende (xunto con algunha chamada de móbil, sempre fora de lugar), dispersa eses pensamentos e centranos na carta. Chegamos cunha idea fixa. O menú degustación sorpresa que cun prezo de 35 € (+ IVE) e o noso obxectivo inicial, mais asexar os segredos da carta por desbotar algún prato con un ingredente menos apetecible (todos temos algún) e facer unha quiniela
mental sobre que pratos escollerías, forma parte do ritual.

A elección do viño xa é amolado sabendo o que vas comer, nin te atrevas se o menú é sorpresa. Os espumantes son o noso comodín, e o Champagne vaise de prezo, un cava servirá. Comezamos.



Ensalada de lamprea con aceite de pementa verde



Revolto de centola, laminas de bacallao e mazá



Ovo pochado con especias e trufa branca do piamonte



Bacalhao a 65º con pilpil de allada e pisto



Solombo de cervo, confituras caseiras e salsa de foie, queixo de cabra e azafrán



Torrada e xeado de turrón

Acompañamos a aventura cun Juvé & Camps Reserva de la Familia Brut Nature, augas e unha infusión foise a algo menos de 60 € por cabeza.

Unha homenaxe en toda regla, do que salientarei especialmente a ensalada de lamprea, coa que teño unha relación desigual, e que non agardaba probar novamente este ano, xunto co bacallao (impecable), e os surtido de acompañamentos para o cervo, realmente un espectáculo.

Definitivamente, entrará nos meus recomendados de Vigo, e nas candidaturas de futuras xantanzas, o que non sei é como imos facer para organizar a data… quen sabe… quizais a primeira Ceanza?  (Academico ou morte  para este neoloxista afeccionado ;-))

]]>
http://acitc.blogaliza.org/2011/03/10/restaurante-la-oca-un-salon-comedor-cheo-de-sabores/feed/ 1
OpenVPN como usuario sen privilexios en Windows 7 http://acitc.blogaliza.org/2011/01/24/openvpn-como-usuario-sen-privilexios-en-windows-7/ http://acitc.blogaliza.org/2011/01/24/openvpn-como-usuario-sen-privilexios-en-windows-7/#comments Mon, 24 Jan 2011 15:17:51 +0000 http://acitc.blogaliza.org/?p=973 Xa vai para dous anos e medio dende que escribin a anterior entrada respecto ao cliente OpenVPN, e todo ía de marabilla ata que chegou o Windows 7 e o UAC a incordiarme.  Primeiro o cliente non funcionaba de ningunha das maneiras, e unha vez conseguín que xa o fixera o obxectivo era acadar unha execución cos mínimos privilexios posibles. As mensaxes que lía nos logs e me traían de cabeza foron varias, pero esta foi a que me rematou: The requeste operation requires elevation

Mon Jan 22 12:46:32 2011 [vpncer11] Peer Connection Initiated with xx.xx.xx.xx:1194
Mon Jan 22 12:46:35 2011 TAP-WIN32 device [Conexión de área local 2] opened: \\.\Global\{XXXXXXX}.tap
Mon Jan 22 12:46:35 2011 TAP-Win32 MTU=1500
Mon Jan 22 12:46:35 2011 Notified TAP-Win32 driver to set a DHCP IP/netmask of 10.0.254.13/255.255.255.252 on interface {xxxxxxxxxxx} [DHCP-serv: 10.0.254.14, lease-time: 31536000]
La operación solicitada requiere elevación.
Mon Jan 22 12:46:37 2011 ERROR: Windows route add command failed: returned error code 1
The requested operation requires elevation.
Mon Jan 22 12:46:37 2011 ERROR: Windows route add command failed: returned error code 1
Mon Jan 22 12:46:37 2011 Initialization Sequence Completed

Non comprendía porque xa non funcionaba o grupo de operadores de configuración de red. En realidade funciona, mais UAC encargase de que non sexa efectivo. Parece que hai algunha polémica con este comportamento que evita o normal funcionamento dun grupo creado para dar a posibilidade de que os usuarios (en especial os que teñen mobilidade) poidan configurar a conexión de rede en función das súas necesidades, pero non hai outra solución que desactivar o UAC cousa que non sempre é posible ou desexable.

Despois de moito buscar e probar configuracións, estas foron algunhas das respostas boas.

Cliente OpenVPN como usuario sen privilexios en Windows 7

pode funcionar en Vista tamén)
O comezo é igual que para Windows XP pero repitoo para ter un artigo único de referencia.

  1. [Win XP – 7 ]Engadimos o(s) usuario(s) que poida(n) conectarse dende esa máquina, ao grupo Operadores de configuración de red (Network Configuration Operators).
  2. [Win XP – 7] Como mínimo damos permisos modificar e escribir (se non queremos complicarnos a vida control total) aos seguintes cartafoles:
    • %programfiles%\OpenVPN\log – Neste camiño gardase o log de conexión.
    • %programfiles%\OpenVPN\config – Nesta pasta gardanse os certificados. É recomendable que o usuario aprenda a sustituilos, cando caduquen ou sexan revogados.
  3. [Win 7] Editar a configuración e engadir ao final da mesma estas dúas liñas:
    route-method exe
    route-delay 2
  4. [Win 7] Aquí temos dúas opcións para resolver o problema da elevación (escollede unha):
    1. Desactivar UAC (non é unha opción para min pero si o pode ser para outros).
    2. Menú contextual (Botón dereito) de OpenVPN GUI -> Pestana Compatibilidad -> Marcar Ejecutar este programa en modo de compatibilidad para: -> Seleccionar dos despregable Windows XP (Service Pack 3) -> Aceptar

E así obteremos un fermoso log sen erros, coma este:

Mon Jan 23 12:25:49 2011 [vpncer11] Peer Connection Initiated with xx.xx.xx.xx:1194
Mon Jan 23 12:25:51 2011 TAP-WIN32 device [Conexión de área local 2] opened: \\.\Global\{xxxxxxx}.tap
Mon Jan 23 12:25:51 2011 TAP-Win32 MTU=1500
Mon Jan 23 12:25:51 2011 Notified TAP-Win32 driver to set a DHCP IP/netmask of 10.0.254.13/255.255.255.252 on interface {xxxxxxxxx} [DHCP-serv: 10.0.254.14, lease-time: 31536000]
Mon Jan 23 12:25:51 2011 Successful ARP Flush on interface [16] {xxxxxxxx}
Correcto
Correcto
Mon Jan 23 12:25:53 2011 Initialization Sequence Completed

]]>
http://acitc.blogaliza.org/2011/01/24/openvpn-como-usuario-sen-privilexios-en-windows-7/feed/ 2
Pontevedra Tapas 2010 http://acitc.blogaliza.org/2010/11/26/pontevedra-tapas-2010/ http://acitc.blogaliza.org/2010/11/26/pontevedra-tapas-2010/#comments Fri, 26 Nov 2010 11:53:43 +0000 http://acitc.blogaliza.org/?p=953 É certo que saen coma cogomelos nesta época. Os concursos de tapas están por todas partes, pero só este me permite asistir sen coller o coche. Pontevedra Tapas (que así se chama) está a ser un éxito, ou cando menos esa foi a nosa percepción. Un día bastante morto como é o martes pola noite atopamos un par de locais sen existencias e noutro non tivemos espazo físico para entrar noutro.
Os datos para quen lle interesen: 26 locais da hostalaría pontevedresa compiten neste concurso, ofrecendo por un prezo fixo de 1,50 € por tapa, e 3 días os que quedan (remata o vindeiro domingo). Bulide!



O nivel está a ser máis elevado do que esperaba, en especial tendo en conta a limitación do prezo un bo criterio que facilita a valoración dos mesmos. As fotos do móbil non fan xustiza, e agardo sirvan para estimular a visita aos locais para observalos e sobre todo degustalos. Velaquí algúns a salientar:
Se visitas A Maquía ofrécenos un sorprendente pincho con xogo de palabras o Sushi Maki A, un sorte de falsos makis de polbo, choco e cocido acompañado de cadanseu prebe.


Os mexillóns con espuma de queixo de San Simón de La tienda de Clara, magníficos.


Pontetapas ofrécenos solombo de porco con queixo de tetilla e timbal de patacas coméntase só.


Pablo desde o Allo e Aceite usa como tapa un mítico prato da súa casa: Langostinos en tempura con mahonesa de soia.



Isto son os que mais nos gustaron de momento pero algún máis aparecerá nas visitas da fin de semana. Ireinos subindo a este album. Se tes unha recomendación é benvida!

Para rematar un pequena reflexión que me preocupa desta iniciativa, i é que algúns empresarios poden sentirse tentados poloLado escuro e se perda aínda máis a verdadeira tradición dos Pinchos en Pontevedra. Ambos costumes son compatibles ou iso espero…

]]>
http://acitc.blogaliza.org/2010/11/26/pontevedra-tapas-2010/feed/ 1
Máis receitas con philo (V). Apfelstrudel de pera estilo libre http://acitc.blogaliza.org/2010/11/15/mais-receitas-con-philo-v-apfelstrudel-de-pera-estilo-libre/ Mon, 15 Nov 2010 07:02:34 +0000 http://acitc.blogaliza.org/?p=889 Aproveitando as vacacións e para evitar perder moito tempo diante do ordenador, metinme na cociña. Como vedes o resultado é que estou a perder máis tempo diante da pantalla e compensando a falta de sol cun bonito moreno TFT.

O motivo de escribir esta receita é o seu ridículo título: un strudel de mazá nunca poderá ser de pera. Non hai máis explicación ca o meu esquecido alemán, e que as mazás gastáronse nunha saborosa compota, e só quedaban peras. Agora lembro unha receita de pastel de cabracho que moi amablemente me explicaron, e na cal había surimi, pescada e unha chea de ingredientes máis, e na que non aparecía o peixe homónimo por ningures. Moito me rin con aquela receita, e agora tamén con esta.

Quen queira facer unha receita en condicións mellor que se dirixa a este enderezo, se polo contrario, queredes perpetrar unha sobremesa relativamente doada de libre interpretación… alá vos.


Vexamos, utilicei 4 follas de pasta filo, unhas cantas peras (medio kilo máis ou menos), uvas pasas (ao gusto), arandos deshidratados (porque cadrou que había), ron checo Božkov Tuzemský, manteiga, pan relado (50 g), azucre panela, esencia de vainilla natural e canela en pó.

Penso que está todo. Preparación. Vexamos, hidratar as uvas e arandos. Escorrer e deixar de mollo en ron checo (pouca cantidade). Derretemos unha pouca manteiga (digamos 50 g) nunha tixola e douramos o pan relado, engadimos as uvas, arandos e ron (por iso dicía que pouca cantidade), a canela e unhas pingas de esencia de vainilla, e retiramos do lume para darlle unhas voltas coa idea de misturar e que non se queime. Reservar. Se es moi lambón aproveita para botarlle azucre antes de retiralo.

Cortar as peras ao medio, e retirar as sementes. Eu non retirei a pel (todo o mundo sabe que é onde están as vitaminas), e procedín a tirar unhas rodas de pera tan finas como me foi posible (que non foi moito). Non hai problema, a pera se está ben maduriña vaise cocer no forno perfectamente.

A parte da filo é a máis delicada, coma sempre. Armarse cun pincel e unha boa cantidade de manteiga derretida. Estender dúas follas de filo nun mesado e mollalas coa manteiga. Pousar un par de filas de fatias de pera, e/ou a mestura reservada, e pregar por riba, repetir ata que remates as follas, momento que aproveitarás para facer o propio con outras dúas follas de xeito que teña unha altura coma a da imaxe. Eu penso que fixen como catro veces o procedemento dúas de froita e dúas de zaragallada alternándose. Lembra fechar os extremos, para que non fuxa o contido.

Cando consigas rematar, máis manteiga para darlle un brillo dourado e un pouco de azucre panela por riba, daralle eses puntos escuros de caramelo. Forno 30 minutos 180º altura media. Isto non é lei, cada quen vixíe o seu pastel.

Acompañeino dun sorbete de mazá que tiña no conxelador, para botar por terra toda a miña exposición inicial, sobre peras e mazás (Isto lémbrame )

]]>
XIII Xantanza. Se os BGG non van onda Ons, Ons ven onda os BGG http://acitc.blogaliza.org/2010/10/31/xiii-xantanza-se-os-bgg-non-van-onda-ons-ons-ven-onda-os-bgg/ http://acitc.blogaliza.org/2010/10/31/xiii-xantanza-se-os-bgg-non-van-onda-ons-ons-ven-onda-os-bgg/#comments Sun, 31 Oct 2010 22:59:53 +0000 http://acitc.blogaliza.org/?p=928 Non cabe dúbida de que esta décimo terceira xantanza foi especial. Aproveitando a nosa recentemente creada páxina de facebook abrimos a experiencia blogastronómica cunha máis que respectable cifra de 23 asistentes, que tendo en conta que tiñamos unha ponte, un temporal e que se convocou cun reducido marxe de tempo, é todo un éxito.  O temporal no mar evitou que nos trasladásemos cara a Illa de Ons tal como tiñamos previsto, pero non foi quen de anular unha convocatoria que Mónica reconduciu maxistralmente a uns quilómetros no noso destino primitivo, pero en solo continental.

O programa respectouse na medida do posible, agrupándonos inicialmente no Bar Alegre e unha vez no destino final, comezando cunha degustación de follas novas (ou baby leaves coma lle chaman eles) de Finca de los Cuervos. Un interesante proxecto que está ofrecendo produtos vexetais ecolóxicos á alta restauración galega. Santiago Pérez falounos de hibridación por polinización para crear unha sorte de herbas mestizas ao gusto do consumidor, todo isto sen modificación xenéticas, sempre ca bandeira dun produto o máis natural e ecolóxico posible. Puidemos probamos Pak-Choi, mostaza… e outras folliñas de poucos días, con potentes sabores, convenientemente acompañados dun Pedralonga, caldo da D.O. Rías Baixas  que utiliza técnicas biodinámicas na súa elaboración e que tamén nos acompañou nos primeiros pasos do menú principal.

O xantar foi concibido ca Illa e os seus produtos coma centro. Por 40€ por cabeza, o tándem formado por Lola de Casa Checho e o seu fillo, ofreceunos un menú que comezaba aló polas dúas e media cunha exquisita empanada de millo de zamburiñas,



continuamos cuns deliciosos percebes,



polbo á feira a seguir,



e xa entregados ao cocido co bolo do pote con nébeda,



finalizando cas sobremesas que redondearon o xantar:  o bandullo, un parente da vincha, que se prepara no estómago e non na vexiga do porco.
Para ser fieis á realidade nos tomamos compota, que é como lle chaman á zaragallada coa que enchen o estómago, e por extensión á mesma preparación cando se realiza noutro recipiente. Completaron o trío a  tarta de queixo e unha empanada de mazá que polo visto ten moita sona.



Non hai Xantanza sen G&T. Dúas casas descoñecidas para min das que demos boa conta Blogastrónomos e convidados e que amplían o abano de xenebras na nova era dourada deste espirituoso.  Pink 47 e Mombasa Club Gin son as novas marcas das cales sorprendeu máis a suavidade da Pink, a pesares dos seus 47º.



O forte vento que batía no istmo da Lanzada non impediu unha fugaz visita ás escavacións e aínda houbo quen colleu folgos para ir cear e aguantar deica ben pasada a media noite…

Como xa é case un costume, recollo outros puntos de vista do evento da man de Colineta, Capítulo 0, De Pinchos (por partida dobre)Laconada, La cocina de Lechuza, La caja de los hilos e Pantagruel Supongo.

]]>
http://acitc.blogaliza.org/2010/10/31/xiii-xantanza-se-os-bgg-non-van-onda-ons-ons-ven-onda-os-bgg/feed/ 7