XI Xantanza. Turismo gastronómico por Santiago de Compostela (I). Abastos 2.0

Chegou e pasou a XI Xantanza. O noso particular xubileo gastronómico pola cidade vella Compostelana, comezou no Abastos 2.0 un novo local aberto no espazo ocupado por 6 postos da Praza de Abastos de Santiago. Disque é o segundo lugar máis visitado de Compostela, e con este novo reclamo leva camiño de converterse no primeiro.

Como teño un terminal novo, e animado polo vídeo da cata de gasosas, lanceime a  experiencia de condensar nun pequeno vídeo toda a experiencia.  Sabedor de que me ía consumir moito tempo, nunca pensei que fora ser tantísimo máis. Coma sempre PI foi o factor corrector entre o miña estimación e o real. Cun móbil, nula planificación e uns viños  isto foi o que saliu.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/BcWiU66n4Vs" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Tamén lle adicaron unha entrada Manoel Foucellas o viaxeiroSole na súa caixa, e os propios implicados comentan a experiencia no seu blog.

Recuperamos desta volta a figura do BGG invitado. Berta, unha blogueira compostelana acompañounos nesta xornada. Así o viviu.

Algún día farei a segunda parte… pero non sei cando… non o sei… non…

Publicado en Gastronomía,Xantanzas BGG | 1 Comentario

1 Comentario so far

Suscríbete a los comentarios RSS

  1. […] transmita algo do que vivimos os blogastrónomos nesa xornada do 23 de xaneiro, a continuación da primeira parte no Abastos 2.0. NoRestaurante de Marcelo estreamos adega, tomamos o menú festival con algúns clásicos e outros […]

Lo sentimos, pero los comentarios están cerrados para esta entrada.