XIII Xantanza. Acompáñanos pola Illa de Ons

Queredes pasar unha xornada na Illa de Ons, degustando un menú tradicional e acompañando aos blogastrónomos?

Mapa da Illa de Ons
A continuación as repostas a todas as dúbidas que vos asaltan:

  • Que imos facer:
    1. Desprazarnos ata á Illa de Ons (Parque Nacional Illas Atlánticas)
    2. Durante o traxecto degustación de produtos de Finca do Corvo a cargo do cociñeiro Javi Olleros (Culler de Pau – O Grove).
    3. Visita pola illa.
    4. Xantar tradicional
  • Cando: O vindeiro sábado 30 de outubro. Saída ás 10:30 h retorno ás 18:30 h.
  • Como: En barco (pensamos no paracaídas pero igual non caiamos todos dentro da illa :-P).
  • Onde: Sairemos do Porto de Bueu
  • Porqué: Unha xornada coma esta merece ser compartida con máis xente.
  • Prezo: 55 € + Viño

Para acompañarnos, tes que cumplir estes estritos requisitos:

  1. Ser amigo da páxina facebook dos blogastrónomos.
  2. Responder a esta mensaxe indicando que queres acompañarnos (por favor, só unha resposta por persoa)
  3. Levar fame e gañas de pasalo ben :-)

No caso de que o número de apuntados supere a nosa capacidade organizativa, verémonos na obriga de realizar un sorteo.

O menú tradicional con:

  • Polbo
  • Percebes
  • Empanada de zamburiñas
  • Cocido con bolos do pote
  • Empanada de mazá
  • Bandullo

Quen quere vir?

Publicado en Actualidade,Eventos,Gastronomía,Xantanzas BGG | 1 Comentario

1 Comentario so far

Suscríbete a los comentarios RSS

  1. […] é todo un éxito.  O temporal no mar evitou que nos trasladásemos cara a Illa de Ons tal como tiñamos previsto, pero non foi quen de anular unha convocatoria que Mónica reconduciu maxistralmente a uns […]

Lo sentimos, pero los comentarios están cerrados para esta entrada.