Abr
21
2008
Na nosa viaxe á República Checa mercamos un par de libros de cociña. De un deles, Cociña tradicional checa, publicado pola Asociación Checa de Chefs, foi do que saquei esta receita da tradicional Sopa de pataca que aínda que se parece á da foto do libro en cuestión, non sei se logrou o sabor desexado. Unha, porque non me recordou moito a ningunha das sopas de patacas que alí probamos; e dúas ( e igual máis importante) porque son case incapaz de facer un prato seguindo ó pé da letra a receita.

Ingredientes (os do libro)
- 20 g de manteiga
- 30 g de fariña branca
- 1 l de caldo básico de osos brancos
- 150 g de vexetais (cenoura, apio, pirixel, col rizada, allo porro, etc.)
- 150 g de cogomelos frescos ou 20 g se son secos,
- 50 g de cebola
- 50 g de touciño
- 400 g de patacas comino
- allo, pementa moída, mellorana e sal.
Preparación (tal como eu a fixen)
- Por unha parte, poñer a cocer as patacas con auga , comino e sal. Como non dicía nada na receita, eu peleinas e boteinas enteiras para picalas unha vez cocidas.
- Nunha tixola refretir en touciño (bacon afumado, foi o que utilicei) a cebola picada en anaquiños pequenos.
- Por outra banda, preparar unha mezcla coa manteiga (como o libro non dicía nada, eu boteilla de porco, que é a que tiña na casa) e a fariña (que tampouco era branca, senón unha fariña integral asturiana) e fretir ata "que se poña rosada", dicía a receita... Pero como o concepto de "fariña rosada" non está na miña cociña, mezcleina ben como se fose para unha bechamel. Engadir o caldo (que como non tiña feito e non me gusta o de bote, sustituín po auga) e mezclar ben ate que comence a ferver. Engadir os vexetais (cenoura, allo porro e apio) cortados en cubiños, as setas secas(nesta ocasión, boletus que lle deron, penso un sabor moi especial á sopa) e un par de dentes de allo machacados.
- Pasados uns vinte minutos, engádese o refrito de cebola e as patacas picadas en cubiños pequenos xunto coa auga de cocelas, pementa moída e mejorana ó gusto. Rectificar o sal, e cocer uns dez minutiños máis para que se mezclen ben todos os ingredientes antes de servir.
chuzame -
Abr
16
2008
Hai uns días Manuel Gago foi entrevistado por Cristina Lobao en O tren do serán da Radio Galega, para falar do Código Cociña. Non foi o primeiro. Unha serie de medios xa se interesaron por esta iniciativa autorregulatoria que semella estar resultando bastante existosa, a xulgar polas adhesións que está a rexistrar.

Outros BGG xa se fixeron eco disto no seu tempo. Eu pola contra decidín capturar ese anaco de tempo para partillalo, ao tempo que preparaba unha pequena guía de como facelo. Outra desas ideas que teño, que finalmente quedan en nada.
Pasado o seu tempo, perdeu a frescura do que está a correr, pero colleu o peso de terse convertido nun cachiño de historia do Código Cociña.
Aquí o tes, se non o escoitaches daquela...
chuzame -

Código Cociña na Radio Galega:
Play Now |
Play in Popup |
Download (35)
Abr
14
2008
-Papa, Pan!.
-Morto!
Este era un dos diálogos habituáis, que lembro cun sorriso á hora do xantar. Era máis novo. Moito máis.
Veume esta lembranza infantil, ao escribir o título da entrada, e é que esta foto si que amosa pan de verdade. Pan con maiúsculas. Foi tomada nesa feira que tanto esta a darme para escribir, sendo esta derradeira entrada relacionada.
Por non apuntar o nome agora non o lembro (Panadería Irene?), mais si recordo que era un panadeiro de Palas de Rei (Lugo), que moi amablemente cando moraiminha lle preguntou se lle importaba que fixera unha foto do seu posto, dispúxose a colocalo do xeito máis lucido posible.
Non hai máis que ver a imaxe...

Un bolo ou barra que, coma estes, podes comer durante unha semana, é ciencia ficción para quen está afeito a mercalo quentiño á hora do xantar, e que non se trague á cea.
Por iso non o deturpo chamandoo pan, senon polo seu nome: PAN.
chuzame -
Abr
11
2008
Estes días ando no aire. Visitas, traballo, un cambio de coche... non teño tempo para nada. A ver se remato algún dos rascuños que teño a medias.
Esta é a imaxe da que falaba na primeira entrada de hai uns días sobre a feira do queixo do Cebreiro onde comentei que gastara máis de 70 € en queixo. Lémbrovos que o centro da imaxe levou máis da metade dos cartos. Á esquerda temos un queixo curado de leite de vaca de Queixos Pacita (Friol, Lugo), productora esta que tamén fan un producto con queixo de ovella, mais tiñamos cuberto ese flanco con O Rexo producido por COVIGA, cooperativa alaricana, da que xa oira falar, e da que por fin vou poder probar os seu productos.

Da sorprendentemente ampla representación do San Simón da Costa, escollín, un pouco ao chou a verdade, o de Queixería Valado, e para finalizar de alén das nosas fronteira, pero non moito( Ambasmestas para ser exactos) Veigadarte especializados en queixos frescos de cabra, de coidada presentación en ampla variedade. Se non lembro mal escollemolos de allo e pirixel, e guindilla verde.
Para os prezos xa pasaron moitos días, pero penso que os rulos eran a 4 € e o resto ían no rango de 7 a 9 €.
chuzame -
Abr
09
2008
Da Marlanga mellor non dicimos nada. Cesarinn non parou de repetir a súa teima toda a noite do pasado sábado, e por suposto non falamos dela...
Marlango veu presentar o seu traballo do ano pasado The electrical morning a Pontevedra. Os 3 compoñentes da banda máis 3 músicos, dos que destaco ao batería que tiña a escasos metros en liña, e que de xeito acertado estaba en primeira fila e non relegado ao fondo do escenario como é habitual.
Cando sairon novamente, comezou unha particular discusión sobre os temas que irían tocar. Versións non moi acertadas na miña opinión de Semilla Negra, Blackbird que lle adicaron a Xoel e a Juan de Dios, por unha nova que leran no Faro de Vigo e que supoño sería esta, e a única que sí me gustou, Can't take my eyes off you, a pesares de non respetar a letra. É curioso coma o seu concepto de versión e tan diámetralmente oposto ao meu.
Iso sí, Muse e Manic Street Preachers teñen versións de verdade... tanto que non sei con cal quedarme.
Fixen 40 fotos das cales só puiden rescatar estas 3 e para iso non van a pasar á historia... para compensalo ligo o único tema que botei en falta do concerto...
chuzame -