Xun 29 2006

De qué vai isto?

Published by makeijan

Case coma a santísima trinidade somos 3 usuarios en 2 individuos:

makeijan

O 95% dos artigos son meus. Falo sobre o que me gusta e do que sei (máis ben do que penso que sei). Gastronomía, Software (AutoCAD, m4PRO,etc.) , viaxes (os que fixemos), e verquemos opinións dos espectáculos (concertos, festiváis, etc) ós que asistimos.

Probablemente teña o triste título de ser o primeiro blog en galego non que se fala do AutoCAD, unha das miñas ferramentas de traballo, e case seguro que son o primeiro que da pistas de uso do m4PRO de cando en cando. Pode que o primeiro do mundo mundial ;-)

A miña falta de constancia fai que toque moitos temas e non domine ningún en profundidade, pero como me dí a miña muller, non fago mal a ninguén.

Hai pouco berráronme porque non tiña posto un enderezo de contacto. Non sei quen vai querer comentarme algo, pero que non se diga: makeijan arroba gmail punto com

moraiminha

Como válvula de escape aos seus blogs especializados, A alma da toga e De pinchos, deixa caer algún comentario de cando en cando, principalmente no apartado de gastronomía. O seu contacto con este mundiño é por formar parte de Viña Moraima, S.Coop.Galega.

Podes contactar con moraiminha en: moraiminha arroba gmail punto com

emanem

Bautizados por Xosé Manoel nun correo da lista dos blogogastrónomos, optamos por utilizalo para representar a fusión de criterios e opinións dos outros dous membros. Anotacións colaborativas no máis amplo concepto. Os dous emes unidos no mundo real e virtual.

Chuzame! chuzame -

One Response to “De qué vai isto?”

  1. Álvaro Villasanteon 31 Xull 2008 at 12:21 pm

    Hola Boas, meu nome é Álvaro Villasante, teño 29 anos son cociñeiro e dono dun pequeno restaurante na cidade de Lugo chámase paprica, despois de estar varios anos traballando con algún dos chefs de renombre da península decídome a emprender esta aventura.
    Gustaríame darme a coñecer entre os amantes da cociña, se dispoñen vostedes dalgún correo elctrónico enviaríalles con gusto un presentación en Power Point que nos mesmos realizamos.
    Sen maís un saúdo.

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet Blog sen Fume