Acuse de recibo

Isto do código cociña éche unha carallada. Agora vou ter que informar dos miles de euros que me embolsaba por comentar restaurantes, viños, etc… Remataron os segredos. ;-)

Todo este conto ven a que acabo de recibir, servida directamente na casiña, esta caixiña coa que agasallaron os de Viña Costeira a todos os bloggers presentes no I Encontro de bloggers enogastronomicos.
Está composta por Treixadura do Ribeiro, Selección Costeira 2006, e unha privilexiada primeira botella da colleita do 2007, que segundo indican foi liberada do seu depósitos hai menos dunha semana. Unha parella que calquera día sufrirá unha mini cata vertical, pero non nun futuro cercano xa que aínda lle agardan uns meses na nosa adega (dous nos recomenda Argimiro), porque na miña opinión é cedo para esta colleita, e algún tempo máis non lle sobrará.

Completa o conxunto, no centro da caixa, o magnífico Licor Café Lúa Jamaica Blue Mountain, do que xa falei hai perto dun ano… e esta si que non dura meses…

Non podo menos que dar as gracias.

Publicado en Actualidade,Fórum Santiago,Gastronomía,Persoal | Comentarios cerrados

Cata de Augardentes de Galicia

Retomo as publicacións do primeiro día do Fórum, pode que a alguén lle interesen, aínda que xa non son unha nova stricto sensu. Sábado pola tarde, despois dun frugal xantar baseado en tres pinchos e dúas cañas, por riba da sidra da cata anterior, pareceume que seguir de catas era o axeitado, e así caín na de augardentes. Conducida por Jose Luis Hernaez Mañas, da EVEGA dou unha amena e ilustrativa charla acompañado por alguén da D.O. Augardentes e Licores Tradicionáis de Galicia da que sinto non lembrar o nome.

Augardente - licor de herbas - licor café

Entre as cousiñas que aprendín foi a temperatura recomendable para o seu consumo. A 8C se atopa o equilibrio entre o efecto desecante e o anestesiante do alcohol, que influirían negativamente na percepción dos aromas. E digo ben aromas, porque como xa comentei na anterior cata deste tipo á que asistín, hai xa case un ano, na augardente branca tamén hai matices en sabores e cheiros. Non é o mesmo unha caña de Mencia, que de Albariño, ou a raiña delas: A da Ulla, feita a partires de catalán, variadad de uva híbrida que curiosamente en cataluña chaman francés.Jose Luis Hernaez Mañas
Tamén probamos dúas variedades de xastreu, que non son moi do meu agrado, en xeral, finalizando cun licor café.

Ilustrativa charla interactiva, en definitiva, que afortunadamente ía acompañada dun par de larpeiradas, para facilitar a dixestión e unha equilibrada absorción de alcoholes.

Publicado en Fórum Santiago,Gastronomía | 2 Comentarios

Forum gastronómico en imaxes. Día I

Moi ao meu pesar, o tempo non me dou para cumplir a miña promesa dunha retransmisión cun diferimento de 24, polo que decidín aumentalas a 48 horas, e rematar así ao mesmo tempo co forum, dado que o luns será o último día que asista.

Mentres tanto vou deixando as imaxes de onte nunha presentación de diapositivas para ir facendovos a boca auga… qué malvado son! ;-)


Aproveito ademáis para saudar a dous compañeiros do metal que coñecín onte en persoa; Delokos de Una cocina delokos e Garbancita de I+D en mi cocina, cos que non tiven moito tempo de falar, pero supoño que luns coa historia dos Código Cociña e os bloggers xa se solventará esta incoveniencia, e coñecerei en persoa a un feixe máis destes bichos raros. (mira quen foi falar!).

Chega de leria, e veña fotos

Publicado en Actualidade,Fórum Santiago,Gastronomía | 2 Comentarios