VII Xantanza (II). Casa Rural A Lareira

Pode dar a sensación de que o xantar pasou a segundo plano, pero lonxe diso, converteuse na parte central, común, que nos aglutina a todos.

A visita á Lareira en Nullán (As Nogais) foi organizada baixo un concepto claro: Xantar de caza tradicional. E iso foi o que tivemos. Non me vou espallar moito en descripcións, e simplemente vou salientar as perdices para min o mellor da xornada, e o máis frouxo unha ensalada de froitas.  Tal vez un exceso de primeiros restou protagonismo á caza… é o que ten organizar sen coñecer o local.



Aínda así a cousa non quedou tan mal, e haberá que deixar constancia en imaxes do amplo menú, comezando polos primeiros co queixo de cabra con cebola caramelizada…



…. a empanada de troita …



… tortilla guisada …



… continuando ca caza, xabarín con castañas …


… as perdices que segundo unha sondaxe realizada estes días entre os blogastrónomos foi o mellor prato da xantanza…



…  e o corzo …



e finalizando cas sobremesas, con esta saborosísima tarta de castaña …


… piña rechea en primeiro plano e queixo do cebreiro con doce de marmelo no fondo…


… e unha tarta de requeixo con marmelada para coroar o festín.



A lareira presenciou as conversas de sobremesa extendida acompañados do licor café…



… e así pasamos a tarde, uns fóronse pouco a pouco, e outros non nos movemos máis que para coller os nosos habituais Gin Tonic que xa é a bebida blogastronómica por excelencia.

Publicado en Gastronomía,Restaurantes,Xantanzas BGG | 2 Comentarios

A Parada das Bestas (Reloaded)

Non sei que contar de A Parada das Bestas que non se teña dito, e é que cando un volta a algún lugar, ca ampla oferta de casas rurales actual, é porque ten algo especial. Como xa hai algunhas entradas en varios blogs onde se relatan as virtudes do lugar, limitareime a tentar ampliar na medida do posible o xa dito, e nesta entrada actuar coma notario dando fe da estupenda cociña, e non menos agradable trato recibido.

Acollémonos ao II Outono Gastronómico no noso último paso por Pidre, e así foron as nosas ceas.

Comezamos cun aperitivo de mexilón…


… para elixir de primeiros tiñamos unha tosta de trigueiros e queixo da ulloa cunha presencia de alfábega (o meu novo termo do día) ao estilo pesto…

…. ou o tradicional follado de verduras ao que me tirei de cabeza nada máis sentarme na mesa…


… os segundos eran ou troitas


… ou un xarrete tenrísimo cun tamaño máis que xeitoso…


… e finalmente as sobremesas, xelado de froitas vermellas con tella …



… ou flan de queixo…


A ecuación está clara:

2 x Cea + 1 HD X 100 € = Fin de semana perfecto

A Parada das Bestas non é so isto. O menú a carta é soberbio como puidemos comprobar o ano pasado e poderedes apreciar nestas imaxes tiradas naquela ocasión (non deixedes de velas), só de lembrar os saquiños de calabacín xa me pesa non ter ceado á carta, mais coma dixo Suso: voltaremos outra vez, e esperando a que chegue o día, xa vou bautizando o noso desexado retorno… A Parada das Bestas (Revolutions).

Publicado en Gastronomía,Restaurantes | 1 Comentario