O Código Cociña da que falar

Hai uns días Manuel Gago foi entrevistado por Cristina Lobao en O tren do serán da Radio Galega, para falar do Código Cociña. Non foi o primeiro. Unha serie de medios xa se interesaron por esta iniciativa autorregulatoria que semella estar resultando bastante existosa, a xulgar polas adhesións que está a rexistrar.

Código Cociña

Outros BGG xa se fixeron eco disto no seu tempo. Eu pola contra decidín capturar ese anaco de tempo para partillalo, ao tempo que preparaba unha pequena guía de como facelo. Outra desas ideas que teño, que finalmente quedan en nada.

Pasado o seu tempo, perdeu a frescura do que está a correr, pero colleu o peso de terse convertido nun cachiño de historia do Código Cociña.

Aquí o tes, se non o escoitaches daquela…

Publicado en Actualidade,Gastronomía | Comentarios cerrados

Máis berberechos en Pontevedra

Mentres as brétemas causadas polos comedores de carne se resisten a abandoarme, deito este pequeno apuntamento, antes de desfrutar dunha reparadora sesta, e prepararme para os eventos do día.

Onte enterouse Moraiminha casualmente de que estaban os de Máis Berberechos no Café Moderno de Pontevedra co gallo do Enterro do Loro Ravachol. E este un programa que escoitamos os domingos deica quedar a durmir, e co que resulta entretido. Así que ata aló fomos, a pasar un bo rato, e agudizar o noso mal estado de saúde física e mental.

Para que vexades o ambiente teño un pequeno video ilustrativo…
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/B9yHzGvDwfc" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Ian todos vestidos co traxe da Galescola, e a delegada da clase levaba unha libreta co padriño. Realizaron unhas cantas entrevistas, compartiron unha bica e licor café… unha festa.


E compartindo a noite co equipo e outros invitados, déronnos as tantas…

Malia o meu mal estado, conseguín subir o resto das fotos ao seu álbum correspondente.

Publicado en Actualidade,Persoal,Radio | 6 Comentarios